lunes, 31 de marzo de 2014

Miró: Dona i ocell

Seguimos coa escultura "Dona i ocell" pois por ela convertémonos en escultores como Miró:




miércoles, 26 de marzo de 2014

MIró: de Barcelona a Mallorca

A Samuel, que ten  "yayos" en Barcelona, a parte que máis lle gusta da vida de Miró, é que vivíu en Barcelona pero cando foi maior quixo irse a vivir a Mallorca, de onde eran os seus avós.
E hoxe estivemos  investigando que lonxe lle quedaba  Mallorca desde Barcelona a Miró, e se podía ir en coche.

Descubrimos que Mallorca é unha illa, e que Miró tiña que viaxar en barco ou en avión.
E nós fixemos unha "viaxe" vía satélite, la mar de divertida, utilizando o Google maps



martes, 25 de marzo de 2014

MIró: onde está o can?

Para facer o panel escollimos o cadro: "Personaxe e can diante do sol"

Buscamos os tres peliños na figura e decidimos por votación  que era unha muller. O sol atopámolo sen problema: alí estaba redondo e vermello pero...onde estaba o can?
Mirando mirando, descubrimos que había outro personaxe- outra vez os tres peliños- "patas para arriba", tal como indicou Diego, pero ...o can?

Vos sodes quen  de atopalo?



Se aínda non o atopaches, imos axudarte.

Dámoslle a volta ao cadro e velai está:



domingo, 23 de marzo de 2014

Miró: boletín informativo

Este é o boletín editado pola biblioteca para as familias:

viernes, 21 de marzo de 2014

Miró: autorretratos

En Marzo Pintando, desde que pintamos con Van Gogh, gústannos especialmente os autorretratos.
-que palabra tan difícil!-

Miró unha vez pintouo o seu autorretrato. No cadro veíase con cara de enfado.
Moitos anos despois, colleu unha copia e pintoulle por riba "outro" autorretrato, máis "verdadeiro".
E quedoulle así.












Nós probamos a facer como Miró, coa nosa foto e mirando polo libro no encerado.
Quedounos así de ben:





Como aínda nos quedaba un "pouquiño" de tempo, recordamos outros autorretratos:


miércoles, 19 de marzo de 2014

Miró: medimos

No noso museo temos unha fotografía de "Muller e paxaro na cabeza" e quedaramos con Samuel- a súa nai vivíu en Barcelona- que hoxe investigaríamos sobre esa escultura.  Queríamos saber:

  •  Onde estaba colocada.
  •  Canto medía de alto.
  •  Como se fixo....
A primeira sorpresa foi a súa altura: 22 metros, que comprobamos estirando unha cinta métrica . Tivémonos que subir ao piso e medir dende a ventana!

E como tiñamos a cinta na man, seguimos medindo, e non había quen nos parase:
-Medimos o columpio.
-Medimos mesas.
-Medimonos nós.

E logo comprobamos as medidas reais do cadro "A masía" medindo na pizarra.







Fixemos os cartaces, a ficha ....

Foi moito traballo, pero comprobamos que MEDIR é moi divertido.


E para rematar o día, seguimos xogando:



lunes, 17 de marzo de 2014

Miró: artista

Hoxe falamos de IGUAIS /DIFERENTES e descubrimos que:
Miró falaba catalán, nós en  galego.
Miró foi un pintor moi famoso, as nenas e nenos de Vide van camiño de selo.
Miró "pintaba raro", pois máis raro aínda podemos pintar en Vide.

Miró foi:

PINTOR
ESCULTOR
CERAMISTA

e aqui quedamos pasmados porque, a tanto, a tanto, non sei se chegaremos.






Neste video esoitamos falar a Miró: en catalán e en francés.

Antón dixo:

- Ten o pelo de prata como din no conto "O cadro máis bonito do mundo"

Está claro que en memoria non hai quen nos gane.




viernes, 14 de marzo de 2014

Miró: biografía

Hoxe aprendimos unha: nova palabra
BIOGRAFÍA


Biografía levounos a: 
MASÍA
co cadro que Joan Miró comenzou a pintar cando estaba na casa dos seus avós.

No cadro xogamos a atopar :
SOL, ESCALEIRAS, MULLER, POZO, ÁRBORE e ANIMAIS.


Logo fixemos unha ficha/folla de libro, e seguimos aprendendo a pintar como Miró.




Xa casi remataramos cando Samara se decatou de que, cambiando de lugar unha cifra, 1893- ano no que naceu Miró- convertíase no ano da súa morte- 1983- , así que inventamos un xogo novo:
Maxia cos números nun só movemento, 

Será que tamén somos inventores?


jueves, 13 de marzo de 2014

Miró: o noso museo

Estivemos escollendo cadros de Miró para o noso  Museo.


O noso "encerado"-a PDI- é marabilloso para  estes traballos: proxectamos nel os cadros, imos falando deles e ao final votamos .
Os ganadores imprimímolos, plastificámolos e levámolos para o noso museo:




Tamén fixemos fichas, para recordar o que sabemos e xogamos con Miró:












 preme na imaxepreme na imaxe

miércoles, 12 de marzo de 2014

Miró: Pintando coma el

Estamos pintando coma Miró, seguindo o libro da biblioteca:" Dessiner avec...Joán Miró":

foi divertido, pois  hai que facelo por orden e logo darlle a volta:

1º CÍRCULO
2º TRIANGULO
3º OLLOS
4º ESTRELA
5º DARLLE A VOLTA.... e este é o resultado:


Logo, cada un púxolle un título ao seu cadro.Algúns foron poéticos de máis:
- Muller diante da estrela, de Antón
- Nena cabeza abaixo, de Samara
- Amarelo, de Samuel
- A nena que voaba cunha estrela, de Soraya.

Tamén averiguamos que a Miró lle gustaba pintar coas cores primarias: VERMELLO, AMARELO e AZUL. e aprendimos unha cantiga en brasileiro que foi todo un éxito.


martes, 11 de marzo de 2014

Miró: buscando información

Que queríamos saber sobre Miró?
- onde vivía.
- como se chamaban os pais.
- que cousas pintaba.
- que cores usaba.

Primeiro, antes de ir á Biblioteca  buscamos no Opac Meiga da Biblioteca , logo en  Google, pero había "Mirós por todas partes"- Saul- así que aprendimos a buscar no

symbaloo 

Escollimos ver o video do conto qeu atopamos na Biblioteca: "Pequeña Historia de Joan Miró", de Editorial Mediterránea:

)


Tamén este outro video para coñecer as súas obras:

 



E este xogo DIVERTIDÍIIISIMO!


 



sábado, 8 de marzo de 2014

8 de marzo

Este 8 de marzo chegounos a escola a contrapé. Aínda nos remataramos de dixerir o proxecto traballado, China,  a festa do Entroido coas súas vacacións,  iniciando o novo proxecto sobre Miró, cando tiñamos xa diante esta celebración.

Pero é un día que non podemos deixar pasar, e apresurámonos a acudir á Biblioteca e montar unha pequena exposición para visibilizar os libros de xénero e coeducativos, que ademáis de poder levar prestados nos "Contos de pola noite", poderán ser utilizados  na "Hora de ler"; e durante a semana que ven, o alumnado escollerá de entre eles os que a mestra, eu, leerá en voz alta na " Hora do conto", ou eles se lerán uns a outros nos pequenos momentos de lectura que sempre buscan nos tempos libres.

E si son "boíños" veremos algúns videos de contos que temos en "Contos para ver e ler" e non temos na Biblioteca, como

 El Príncipe Ceniciento

SuperLola  ou

Una feliz catástrofe

E eu quero homenaxear neste día a dúas mulleres mestras: as irmáns Cossettini, que na primeira metade do século XX puxeron en práctica, contra vento e marea, un modelo de escola diferente  que hoxe,  coa LONCE cabalgando en lontananza,sigue vixente máis que nunca,





E unha cousa máis:
Cando eu era moza saín á rúa para reclamar a supresión do delito de adulterio, reivindicar o dereito ao divorcio e máis tarde o dereito das mulleres para decidir sobre o noso corpo. Logo, cando vin medrar a miña filla nunha sociedade con estes dereitos acadados, nunca pensei que as miñas netas terían que sair de novo á rúa, e correr diante dos "grises", en defensa dos seus dereitos como mulleres.

Pero parece que vai ser que si.

Por iso mañán, eu, a miña filla e as miñas netas, estaremos en Santiago defendendo  de novo o dereito das mulleres a un aborto libre e gratuito.

viernes, 7 de marzo de 2014

En marzo pintando

Xa comenzamos o proxecto que todos os anos lle corresponde ao mes de marzo: EN MARZO PINTAMOS. Para iso escollemos un pintor ou pintora e todo o mes investigamos, aprendemos, buscamos, pintamos....

Este curso chegamos a marzo sen unha idea clara de sobre quen investigar, así que preparei unha pequena preswentación con cadros de varios pintores e pintoras: Picasso, Rosario Varo, Maruja Mallo, Miró, Mª Antonia Dans e Modigliani. O trato era que entre todos escollerían o cadro que máis lles gustase e sería ese o pintor ou pintora que investigaríamos.

E nin fixo falta votar.
O cadro de Miró  foi o preferido.
Pois xa está.
Este marzo, pintamos con MIRÓ, porque como dixo Soraya do cadro:

- Gústanos porque, aínda que é raro, é  moi bonito.

Esta foi a presentación:



en marzo pintando 1

Pero eu sei que escolleron Miró non tanto polo cadro, que tamén, senón polo libro:"Dessiner avec...Joan Miró", de Ana Salvador, que estivo na cesta dos libros da "Hora de ler" no primeiro trimestre, e andivo de man en man.

En canto escoitaron MIRÓ.....Tate!