jueves, 29 de abril de 2010

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010

TAREFA: DIARIO DA VEIGA 2010



O vindeiro 17 de Maio celebraremos de novo o Día das Letras Galegas, que este ano vai adicado a UXÍO NOVONEYRA, o poeta do Caurel.

Este é un traballo feito polo alumnado de infantil do Ceip Igrexa-Chapela:



E neste video podemos ver imaxes do Caurel e escoitar un poema de Uxío na voz de Emilio Cao.

martes, 27 de abril de 2010

Mirá o que baila ben

Hoxe Severo foise.

Os foguetes anunciáronnolo, tal como el quería.

E tod@s, novos e vellos, sacamos os tractores e recorrimos os camiños por onde a súa voz nos levara, ano tras ano.

As gaitas, pandeiretas e tamboriles soaron ben alto nas paradas de sempre.

E tocamos e bailamos agachanado as bágoas porque.....

Vai por ti, Severo!!!!!!

amigo, irmá, tio, veciño, compañeiro.

Mirá o que baila ben
mirá o que baila ben,
é fillo de Mirenciños
mirá que donaire ten.


jueves, 22 de abril de 2010

Para que les?


TAREFA: DIARIO DA VEIGA 2010


De Implicadas no Desenvolvemento partíu a idea e 103 Bibliotecas Escolares galegas puxéronse a traballar preguntando

¿Para que les?

Nós tamén participamos neste traballo colaborativo.

Limos en voz alta o que outras persoas nos contaban, contestamos a pregunta, imprimimos os cartaces, pintámolos, aprendimos a plantificalos e logo colgámolos na almbrada da escola para que todas as persoas de Vide poideran lelos e celebrar o Día Internacional do Libro.






Se queres ver unha escolma das respostas recibidas á pregunta ¿Para que les? preme:

O Segrel do Penedo


A actividade Tamén Len preme:


Biblioteca Milladoiro

E se queres máis información preme:

Mesturas

Raioteca

Biblioteca IES Alexandre Bóveda

lunes, 19 de abril de 2010

O SAPO NON LAVA O PÉ

O SAPO NON LAVA O PÉ
NON LAVA PORQUE NON QUER
EL MORA LÁ NA LAGOA
NON LAVA O PÉ
PORQUE NON QUER

domingo, 18 de abril de 2010

NOVA TAREFA

A semana pasada iniciamos un novo blog de tarefas.


TAREFA: DIARIO DA VEIGA 2010

e a tarefa marcada deunos traballo para toda a semana. Como xa temos experiencia non foi moi difícil pero o meu empeño en plantar as leitugas cubrindo a terra con plástico para librarnos de ter que andar a limpar as herbas- que é o que MENOS lles gusta a tod@s- complicou un pouco o proceso de plantado de leitugas.

Este ano levaremos dous Diarios da veiga, un en papel e individual: O CADERNO DA VEIGA , e outro no blog e colectivo.

Esta primeira semana temos ademáis un "documento gráfico", este:



lunes, 12 de abril de 2010

REQUEIXO


Este é o conto dos Bolechas e do requeixo, un producto que na nosa zona é tradicional.Con mel está exquisito.
Nós este ano celebramos o cumpreanos de Van Gogh con requeixo e mel.

Uuuummmmm!!!!!!!


viernes, 9 de abril de 2010

Sábalo, lamprea e outros


Este ano o río Miño vai moi cheo e non é doado armar e desarmar as redes nas pesqueiras para coller lampreas. En Vide non están entrando moitas, pero as que entran son preciosas, e grandes, como esta que fomos ver á casa do Camiña que lle entrou a noite pasada.

Pola mañán, xa nos trouxera a ensinar un sábalo ENORME!!!!!!, que entrou na rede da lamprea, liouse nela e morreu, cando foron a desarmar, no lugar dunha lamprea viva, había un sábalo morto. Había moito que non se vían tantos sábalos como este ano.

E como o día ía de animais, a media mañán apareceu o can de Elena- Coqui- na porta da escola. Escapara da casa e viña na procura da súa ama.

Boteino fora pero o Coqui veña a ladrar e ladrar.

Elena choraba:

- Ai o meu Coqui!!!!. Que mo vai atropellar un coche!!!! COquiiiiiiiiii!!!! marcha para casa que TE ME MATAAAAAN!!!!!!!

Había que mirala, e @s compañeir@s abrazados a ela consolándoa e mirando para min de reollo como quen di:

- Perdona que cho diga pero eres unha asasina.

E cedín.

- VAAAALE !!. Ábrolle a porta do patio, pero NA CLASE NON ENTRA!!!!.

Así acabou o disgusto colectivo e continuou unha mañán con "música ambiente".

miércoles, 7 de abril de 2010

Pepe Carreiro e o requeixo de As Neves

Estivemos con Pepe Carreiro na presentación do libro: "Os Bolechas van de viaxe: O requeixo de As Neves" e asinoulle un libro a cada un dos nen@s da escola e outro para a Biblioteca A2. Tod@s quedaron apampados a mirar como os Bolechas aparecían no papel como por arte de maxia.

Este é o momento histórico:


martes, 6 de abril de 2010

BOLECHAS

Mañán temos unha cita con Pepe Carreiro, que nos presentará un novo libro de Os Bolechas: Os Bolechas van de viaxe ao requeixo de As Neves, e hoxe estivemos a preparar unha exposición cos libros que a Biblioteca A2 ten dos Bolechas: Agrupámolos por coleccións, contámolos e ordenámolos no expositor.

Logo repasamos e escribimos o nome dos Bolechas e o seu can:
CARLOS É O MAIOR E MORENO.
LOLI E PILI SON XEMELGAS E LOIRAS.
BRAULIO É RUBIO.
SONIA É MORENA.
TATÁ É O MÁIS NOVO.
e CHISPA É O CAN.

Falamos:

¿ Que fan Os Bolechas?

Queren saber COMO son unha morea de cousas, e tamén
Queren saber QUE son outras
Descubren a Natureza,
Van de viaxe
e
Van a un sin fin de lugares. Para rematar debuxámolos e pintámolos. Mañán xa vos contaremos como nos foi.

sábado, 3 de abril de 2010

Día internacional do Libro Infantil

O 2 de Abril é o Día Internacional do Libro Infantil.
Para celebralo tres libros:





A miña enciclopedia
dos nenos do mundo
.
Stéphanie Ledu.
Xerme Edicións. 2009





Las Letras en el Arte.
Anne Guéry.
Editorial SM.2009






A nena e o grilo.
Magín Blanco.
Libro +CD. Oqo Editora. 2009