martes, 19 de enero de 2010

Wangari e a diversidade cultural

O swahili é unha lingua bantú falada sobre todo na África Oriental. É a lingua oficial de Kenia, Tanzania e Uganda, pero tamén se fala noutros paises da zona: Congo, Ruanda, Burundi, Mozambique e norte de Somalia. Calcúlase que máis de 50 millóns de persoas falan swahili, pero para a meirande parte delas é o seu segundo idioma, e teñen outro idioma africano como lingua materna. O swahili ven a funcionar como unha lingua franca africana no lugar do inglés colonial.

Wangari Maathari cos anos foi cada vez máis consciente do vínculo esencial que hai entre diversidade biolóxica e diversidade cultural:

" Para dar voz e voto á poboación local, nas reunións do Movemento do Cinto Verde nas zonas rurais empréganse sempre as linguas vernáculas- no lugar do swahili- aínda si é precisa a presencia dun traduct@r" " O renacemento cultural é o único que pode evitar a destrucción do medio ambiente, o único xeito de perpetuar o coñecemetno e a sabiduría herdados do pasado e imprescindible para a supervivencia das xeneracións futuras". "Unha nova actitude cara a natureza permite adoptar unha nova actitude cara a cultura e a súa influencia no desenvolvemento sostible: unha actitude baseada en entender que a propia identidade, o repecto a un e unha mesma, teñen un papel fundamental na vida dunha comunidade e na súa capacidade de emprender accións que beneficien e garantan a súa supervivencia"
vía Revista Medi Ambient

A min gústame esta muller.

E entendo a importancia de promocionar o swahili en Kenia sen esquecer a defensa da propia identidade ao través do respecto ás linguas tribais.

Na escola aprendimos esta cantiga: é un canto tradicional do Congo en lingua lingala.

2 comentarios:

Ronsel dijo...

Defender o idioma de noso é esencial en calquera cultura, o noso sinal de identidade máis relevante.

pandereteira dijo...

Tiñamos que mandar a algúns a Kenia, a ver si aprendían algo...