miércoles, 11 de febrero de 2009

Piratas sen noiva

Votación definitiva para o disfraz de Entroido:

Piratas: 10 votos.
Paiasos: 2 votos.

Claro que despois de xogar a rescatar á serea do malvado monstro do mar,os piratas dende as mesas/barco berrado ¡¡¡¡corre, corre!!!,a serea nadando, nadando cara ao barco pirata polo mar do chan da escola, o monstro do mar -eu- saltando e pelexando coas algas/sillas mentras con voz cavernosa perseguía a serea dicindo ¡voute comer!, os piratas disparando bolas de papel ao monstro para espantalo, a serea agarrando as mans dos piratas e subindo ao barco para salvarse mentras o monstro berraba ¡¡¡¡aaaaagggg!!! desesperado ao ver que se quedaba outra vez sen comida..... despois, digo, deste MAGNÍFICO FOLLÓN, repetido unha e outra vez, ¿quen non quixera ser pirata?

Aínda así non foi tan doado, pois houbo un neno-¿quen sería?- que unha vez decidido o disfraz, explicou cheo de razón:
- Os nenos somos os piratas e as nenas son as nosas noivas.
Caíuseme o alma ao chan.
Pero entón escoitei como Marta dicía:
- Eu non son noiva!Eu son unha muller pirata malvada!
- E eu son unha pirata aínda máis malvada que Marta!!!!- berrei eu subíndome ao banco do contacontos.
- E eu tamén! E eu!. !E eu! berraron todos, nenas e nenos, subíndose tamén aos bancos.

E asi, o conto das noivas esmoreceu.

De todos os xeitos,cando xa estabamos recollendo as telas, roupas e papeles, Saray ía dicindo:

- Eu son unha pirata pequeniña, que son a filla de Marta e Carliños.

Bueno, terán fillas, pero hoxe os piratas quedaron sen noivas.

No hay comentarios: