martes, 22 de abril de 2008

Ollos morados

Hoxe estabamos no Contacontos contando historias, cando Erika pedíu a palabra.

Contounos unha historia tan bonita que decidimos escribila, e mañán, que é o Día do Libro, traballar con ela para facer un novo libro para A Dúas. Seguro que ademáis poderemos facer cartaces, unha obriña de teatro e ata unha cantiga.

Esta é a historia que nos contou Érika:

- ONTE POLA NOITE O FANTASMA DOS OLLOS AZUIS ESTIVO NA MIÑA CASA, E ESTIVEMOS OS DOUS MIRANDO A TELE.

EU ESTABA SENTADA NO SOFÁ GRANDE. O FANTASMA ESTABA SENTADO AO MEU LADO.

CHEGOU O MEU PAI E COMO NON VÍU AO FANTASMA, SENTÓUSELLE ENRIBA.

METEULLE UN COTOVELO NUN OLLO.

AGORA O FANTASMA DOS OLLOS AZUIS TEN UN OLLO MORADO.

Preciosa historia ¿verdade?, ademáis con moito "aquel"

Dramatizar o "suceso" foi inmediato. Por suposto Erika sempre fixo de Erika e só quedaron dúas presonaxes para ir rotando: o fantasma e o pai. Carliños desesperado porque non lle daba tocado chegou a ofrecerse para facer de sofá- ¡ía en serio!-

Converter a cor azul en morada foi doado sobre todo cando Lucía nos explicou a fórmula:

AZUL + SAGUE = MORADO.

¡Vaites con Lucía!

Escribir, ler, debuxar, buscar na Biblio.... non será problema, pero facer a cantiga, non sei, dame que o vou ter complicado.

E que levamos dúas semanas que fora do "chiqui chiqui" non existe nada que lles page a pena. ¡E como bailan! ¡E como cantan!

Uno, el bikivan
dous, el curaito
tres, el mikelaso.....

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Isto é demasiado! Que bos ratos nos fas pasar coas historias da unitaria de Vide e os seus habitantes: os que se ven, os que non se ven, os bos, os non tan bos, os pequenos, os maiores... e, polo medio, unha mestra estupenda.
Parabéns!!

Unitaria de Vide dijo...

Esta Erika "eche moito", poderíamos facer un blog so coas suas historias.
Seguro que sae esa cantiga, coa facilidade que ten a mestra para as rimas...